1/22
CEIP de Coirón-Dena · Reunión con familias

Benvidos/as

Curso 2026/27 · 6º de Primaria. O último curso da etapa e o paso ao instituto.

6ºA · 14 alumnos/as 6ºB · 14 alumnos/as Fin de etapa
Calendario escolar 26-27

Datas que convén anotar

9 set.Inicio das clases
13 out.Día non lectivo
local
7 dec.Día do Ensino
non lectivo
22 dec. – 7 xan.Vacacións de Nadal
8 – 10 feb.Entroido
22 – 29 mar.Semana Santa
14 maioDía non lectivo
local
21 xuñoÚltimo día de clase
e avaliación final

Días non lectivos locais: 13 de outubro e 14 de maio.

Profesorado

Quen está con vosos fillos e fillas

Titora 6ºA

Sinda

Linguas, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Valores e Atención educativa.

Titora 6ºB

Lucía

Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.

Inglés e Plástica

Alba Lemos

Sección bilingüe en Plástica. Valores en 6ºB.

Educación Física

Diego Fraga

EF en 6ºA e 6ºB. Ciencias Sociais en 6ºB.

Música

Laura Daporta

Música e danza nos dous grupos.

Relixión

Lourdes Nartallo

Relixión.

Apoios

Departamento de Orientación

Profesorado de apoio: PT e AL.

Horario

30 sesións á semana

Lingua castelá
4
Lingua galega
4
Matemáticas
4
Contextos 3º ciclo
4
Inglés
3
Ciencias da Natureza
2
Ciencias Sociais
2
Educación Física
2
Música e danza
1
Plástica e visual
1
Relixión / At. educativa
1
Valores
1
Titoría
1

Titorías con familias

Martes de 16:00 a 17:00 h, con cita previa.

Apoios

Departamento de Orientación, profesorado do centro e PT e AL segundo as necesidades.

Horario dos grupos

Unha semana en 6º

Contextos 3º ciclo Educación Física Inglés Música e Plástica Titoría
Novidade deste curso · Contextos de 3º ciclo

Pasiño a pasiño, xuntos facemos o Camiño

Os mércores e os xoves, 5º e 6º mestúranse en catro clases. Cada mes chega un desafío do Camiño de Santiago e cada clase o investiga pasando por catro estacións.

Datos

Matemáticas

Territorio

Sociais, Natureza e EF

Voz

Galego, castelán e inglés

Taller

Plástica, Música e EF

Cada clase ten unha parella de mestres de referencia que fai o seguimento. Cada reto superado, un selo na credencial.

Base legal

As familias tamén contan no proceso

Decreto 155/2022, art. 25.1

As nais, os pais ou as persoas titoras legais «deberán participar e apoiar a evolución do proceso educativo das súas fillas, dos seus fillos [...], así como coñecer as decisións relativas á súa avaliación e á promoción, colaborar nas medidas de apoio ou reforzo [...] e terán acceso aos documentos oficiais de avaliación e ás probas».

LOE, art. 1 h) e h bis)

«O esforzo compartido por alumnado, familias, profesores, centros...» e «o papel que corresponde aos pais, nais e titores legais como primeiros responsables da educación dos seus fillos».

LOE, art. 118.4

Para facer efectiva a corresponsabilidade entre o profesorado e as familias, promoverase «a colaboración efectiva entre a familia e a escola».

O art. 25 remite tamén á LODE (LO 8/1985), art. 4.2.e), ao RD 157/2022, art. 24 e á Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa de Galicia. As citas da LOE están traducidas do castelán.

Participación en programas

Un centro con moitos proxectos

Sección bilingüe

Plástica en inglés. Auxiliar de conversa ?

Dena Activa

Proxecta e XOGADE. Selo de Vida Saudable e PAFHS: froita, descansos activos, carné saudable.

Voz Natura e PLAMB

9ª edición de Voz Natura: benestar emocional no patio escolar.

PIE e Innova-Lab

Convivencia e benestar emocional. Mat-Lab e Art-Lab.

PDI do Camiño

Biblioteca e contextos de 3º ciclo.

Abalar · E-DixGal · Plan Director

espazoabalar.edu.xunta.gal › E-DixGal › Información para familias

Que cambiou coa lei

Dun currículo de contidos a un currículo organizado por competencias

AntesLOMCE 8/2013 · RD 126/2014 · Decreto 105/2014
AgoraLOMLOE 3/2020 · RD 157/2022 · Decreto 155/2022
Punto de partida
Listas de contidos por área
O perfil de saída: o que debe saber facer o alumnado ao rematar a educación básica
Que se avalía
Estándares de aprendizaxe avaliables, «observables, medibles e avaliables»
O grao de desenvolvemento das competencias clave, a través dos criterios de avaliación. Os estándares desaparecen
Os contidos
Eran o eixo da programación
Seguen aí, pero «están subordinados á acción»: apréndense para usalos
Como se traballa
Por temas e áreas separadas
Proxectos significativos e resolución colaborativa de problemas en contextos da vida real

As competencias non son novas: están na lei desde a LOE de 2006, como «competencias básicas». O que cambia coa LOMLOE é que agora organizan todo o currículo.

Aspectos do currículo

Decreto 155/2022, do 15 de setembro

Establece a ordenación e o currículo da educación primaria en Galicia. Os elementos do currículo (art. 6):

a

Obxectivos da etapa

b

Competencias clave

c

Perfil de saída

O que se espera ao rematar 6º

d

Obxectivos de área

e

Criterios de avaliación

f

Contidos

g

Orientacións pedagóxicas

Obxectivos da etapa · Decreto 155/2022, art. 7

O que a Primaria debe deixar feito ao rematar 6º

«A educación primaria contribuirá a desenvolver nas nenas e nos nenos as capacidades que lles permitan...»

aConvivencia, empatía e cidadanía activa
bHábitos de traballo individual e en equipo, esforzo, iniciativa e creatividade
cResolución pacífica de conflitos e autonomía
dRespecto ás diferenzas e igualdade entre mulleres e homes
eLingua galega, lingua castelá e hábito lector
fCompetencia comunicativa básica nunha lingua estranxeira
gCompetencias matemáticas e resolución de problemas da vida cotiá
hCiencias da natureza, sociais, xeografía, historia e cultura
iCompetencias tecnolóxicas con espírito crítico
jExpresión artística, visual e audiovisual
kSaúde, corpo, educación física e alimentación
lCoidado dos animais próximos
mAfectividade e rexeitamento da violencia e dos estereotipos
nMobilidade activa e segura, educación viaria
ñCultura, lingua e sociedade de Galicia

Resumo dos 15 obxectivos. Fixádevos no g: non di «saber facer contas», di aplicar as matemáticas «ás situacións da súa vida cotiá».

Obxectivos de área · exemplo: Matemáticas de 6º

Do obxectivo á aula: os contidos son o medio

Os 8 obxectivos da área
  • OBX1Interpretar a vida cotiá con matemáticas
  • OBX2Resolver problemas con distintas estratexias
  • OBX3Formular conxecturas e novos problemas
  • OBX4Pensamento computacional
  • OBX5Conectar as matemáticas con outras áreas
  • OBX6Comunicar e representar o proceso
  • OBX7Xestionar emocións ante retos; o erro como parte do proceso
  • OBX8Traballar en equipos diversos

Dous dos oito son socioemocionais: a lei pide tamén perseveranza e traballo en equipo.

Obxectivo de área · OBX2

Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento...

↓
Criterio de avaliación de 6º · CA1.3

Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección.

acción · obxecto · contexto

↓
Contido (medio)

Procesos na resolución de problemas: interpretar a situación, determinar os datos útiles, propoñer un plan, revisar e verificar o resultado.

Decreto 155/2022, anexo II, Matemáticas (obxectivos da área e 6º curso, bloque 1. Sentido numérico).

Como se nota na aula

Cal das tres propostas permite avaliar máis criterios?

A · Cálculo

7.845 × 79

Practica un contido: o algoritmo da multiplicación.

Só o contido
B · Problema pechado

Dúas billas enchen un depósito: unha bota 25 litros por minuto e a outra 20. Se se enche en dúas horas, que capacidade ten?

CA1.2CA1.4
C · Problema de Fermi

Cantas follas de papel gasta un alumno de 6º durante un curso?

Non hai datos: hai que estimar, escoller unha estratexia, argumentar e explicala.

CA1.2CA1.3CA1.5CA1.6CA1.9

O cálculo segue sendo necesario, pero xa non é a meta: é a ferramenta para resolver algo que ten sentido.

Exemplo adaptado do proxecto de Inspección educativa «Reflexionando sobre os nosos instrumentos de avaliación» (M. Felpeto e J. M. Alén, 2025). A relación cos criterios é nosa.

Contidos importantes

O que máis coidamos este ano

Linguas
  • Lectura coa entoación correcta e respectando a puntuación
  • Expresión oral
  • Expresión escrita: ordenar ideas, presentación e ortografía
  • Gramática e técnicas de estudo
Matemáticas
  • Numeración
  • Dominar o cálculo e o cálculo mental
  • Resolución de problemas e razoamento
  • Unidades de medida e xeometría
Persoa
  • Educación emocional e en valores
  • Autonomía e organización para o instituto
  • Hábitos saudables: movemento, alimentación e descanso
Avaliación e criterios de cualificación

Avaliación global, continua e formativa

Global

Grao de adquisición das competencias clave e logro dos obxectivos.

Continua

Abrangue todo o proceso educativo.

Formativa

Para reorientar, axustar e mellorar a aprendizaxe.

Decreto 155/2022, art. 21.2: «global, continua e formativa, e terá en conta o grao de desenvolvemento das competencias clave».

  • Cualificación: probas orais e escritas, tarefas na aula e na casa, produtos dos contextos e participación.
  • As notas publícanse, coma ata agora, no Abalar.
  • Tamén se avalía o proceso de ensino e a práctica docente.
  • A nota final de cada área ten en conta todo o curso.
Avaliar todo o camiño, non só a meta

Avaliar e cualificar non son o mesmo

Recollen evidencias · non poñen nota
  • Caderno docente
  • Notas do profe en cada área
  • Coavaliación entre compañeiros ao pechar o mes

Serven para ver como avanza cada neno e nena e axudalo a tempo.

Poñen nota
  • Rúbrica do produto de cada etapa
  • Proba escrita de cada etapa: un texto e preguntas que piden pensar, non só lembrar
4o máximo
3
2
1punto de partida

A rúbrica descríbese en positivo desde o 4. O 1 non é un suspenso: é de onde se parte.

Promoción (LOMLOE) · 6º é fin de etapa

Rumbo ao instituto

Promoción

Decídea o equipo docente de xeito colexiado ao final de 6º. Pódese promocionar á ESO con algunha área suspensa.

Decreto 155/2022, art. 22.1

Permanencia

Medida excepcional: só unha vez en toda a etapa e cun plan específico de reforzo.

LOE art. 20.3 · Decreto 155/2022, art. 22.3

Informe final de etapa

Recolle a evolución e o grao de desenvolvemento das competencias clave. É documento oficial.

Decreto 155/2022, art. 26.1 e art. 30

Aspectos a ter en conta

A colaboración familiar

  • Seguimento do traballo escolar
  • Comunicación fluída co centro: titora, mestres, xefatura e dirección
  • Normas, autonomía e responsabilidades
  • Descanso = rendemento
  • Hábito de estudo nun lugar axeitado
  • Tempo de estudo: reforzo, lectura, escritura diaria
  • Axenda e Abalar como vehículo de comunicación
  • Diálogo e coidado do benestar
  • Xustificación de faltas e puntualidade
  • Avisar das enfermidades
Na casa, en clave competencial

Pequenos cambios que suman moito

Cambiar a pregunta

No canto de «que nota sacaches?»: «que problema resolvestes hoxe?» ou «a quen llo ides presentar?»

Que se organicen soas

Axenda, mochila e tarefas ao seu cargo. É o mellor adestramento para o instituto.

Sodes unha fonte

Patrimonio de Meaño, historias do Camiño, xogos de cando erades pequenos: todo iso entra na guía.

Carné saudable

Cada semana, un selo por hábito: movemento, froita, descanso. A parte de Educación Física que se xoga na casa.

Familia + escola

Familia + escola

a unión fai a forza

Grazas!

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida.